Silleda, 17 de marzo de 2017. O programa Depo Aventura de A Lanzada vén de abrir un ano máis a inscrición. Estes campamentos de verán están dirixidos a nenos e nenas empadroados na provincia de Pontevedra que naceran entre os anos 2004 e 2009 (ambos inclusive). As actividades celebraránse entre finais de xuño e principios de setembro, con 11 quendas de 7 días cada unha.
O modelo de solicitude pode descargarse a través da web www.depo.es. Dende o departamento de Cohesión Social da Deputación recomendase realizar a solicitude en liña para unha maior axilidade. Así mesmo, os veciños e veciñas de Silleda que queiran recibir máis información ou cumplimentar solicitudes poden achegarse polas mañás á Casa da Cultura ou ao departamento de Benestar Social e polas tardes (de martes a sábado) á Casa da Xuventude. Alí tamén se facilitarán formularios para as inscricións. O prazo para anotarse remata o vindeiro día 3 de abril.
A Deputación subvenciona polo procedemento xeral o 50% do custo da praza. As persoas instereadas deberán de aboar 100 euros por praza (o prezo inclue aloxamento e manutención, todas as actividades do campamento, seguro e excursións). Oara menores de familias numerosas o prezo é de 80 euros. Tamén se subvencionará ao 100% a asistencia doutros nenos e nenas de familias con poucos recursos para promover a súa inclusión social.