O Concello de Silleda informa sobre o programa “Respiro Fogar”, para apoiar ás persoas coidadoras non profesionais

O Concello de Silleda informa da apertura da convocatoria do programa “Respiro Familiar”, unha iniciativa da Xunta de Galicia destinada a proporcionar apoio económico ás persoas coidadoras non profesionais que se encargan de atender a familiares en situación de dependencia ou con discapacidade.

Este programa ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras, ofrecéndolles alternativas de descanso e apoio puntual no coidado.

As axudas poden solicitarse en tres modalidades:

  • Respiro no fogar: contratación de atención puntual no domicilio.
  • Respiro en centro de día: atención en centros autorizados.
  • Respiro en residencia: estancias temporais en residencias acreditadas.

A contía da axuda pode cubrir ata o 100 % do custo do servizo, con límites de 1.000 euros por persoa e ano para atención no fogar ou centros de día, e 1.500 euros por persoa e ano no caso das residencias.

As persoas beneficiarias deben residir en Galicia e ser coidadoras habituais de persoas con grao II ou III de dependencia, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 75 %, que requiran asistencia para realizar as actividades da vida diaria.

 

O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o 15 de outubro de 2025, e a tramitación realizarase preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou poderase solicitar no Departamento de Servizos Sociais na Casa do Concello.

As axudas resolveranse por orde de entrada das solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.

Dende o Concello de Silleda anímase á veciñanza a aproveitar esta oportunidade de coidado e descanso.

Para máis información e apoio na presentación das solicitudes, as persoas interesadas poden achegarse aos Servizos Sociais ou chamar ao 986 59 20 37.