Silleda, 15 de febreiro de 2018. As obras de do núcleo de Siador, lugar situado na parroquia homónima, continuarán nas vindeiras semanas coa segunda fase dos traballos, toda vez que a localidade xa conta cun novo acceso.
Cunha inversión de máis de 100.000 euros nos últimos meses acometeuse a reforma integral do tramo de acceso ao lugar que se atopaba en moi mal estado. Para realizar estes traballos, ademais de ampliar o viario tamén foi necesario acometer un muro de contención, que se rematou cunha barandilla, e as correspondentes canalizacións.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, xunto co concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, e o concelleiro Benito Saavedra visitou o lugar onde mantivo un encontro cos veciños, que amosaron a súa satisfacción cos traballos.
“Era unha obra moi necesaria á vista de cómo estaba o vial, cun gravísimo deterioro que incluso ameazaba co derrube da pista e cremos que o resultado é moi satisfactorio”, engade o alcalde.
Cuiña, que explicou aos veciños que se realizarán tamén melloras en accesos a fincas para salvar os desniveis acadados coa reforma do vial, anunciou que en breve se iniciarán os traballos de mellora das pistas que transcorren polo medio das vivendas.
Neste caso as obras, cunha nova fase de melloras en Siador, acometeránse mediante o formigonado do viario.
En total as dúas fases das obras achéganse aos 170.000 euros, un investimento que se acomete íntegramente con fondos municipais. A segunda fase acometerase con cargo ao orzamento de 2018, que está xa a ultimarse.
Cuiña mantivo dende o pasado mes de agosto distintas reunión cos veciños para evaluar a situación das infraestruturas e presentar o proxecto de actuación e as inversión.
“Con actuacións coma esta seguimos mellorando pouco a pouco a nosa extensa rede viaria do rural”, engade o alcalde.