– O investimento acométese con cargo ao programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. Arranxaranse os accesos ao núcleos da parroquia de San Paio de Refoxos así como varios tramos do vial vetebrador. En San Tirso actuarase sobre varios viais na zona de Quintela, San Tirso e A Moa
Silleda. 12 de abril de 2024.- O Concello de Silleda continúa arranxando a extensa rede viaria municipal cos fondos que lle corresponden do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra (antigo Plan Concellos). Así, nesta anualidade, destinaránse 350.000 euros ao arranxo de varios viais nas parroquias de Refoxos e San Tirso de Manduas.
Na primeira delas, en San Paio de Refoxos, melloraranse os accesos a prácticamente a totalidade dos núcleos, con actuacións en A Pallota, Xastres, O Outeiro, Cardesin, Lázara, A Calzada e O Couto. Algúns deles a mellora será con formigonado dos viais e noutros con asfaltado en quente, incluindo varios tramos do vial principal que vertebra esta localidade.
O proxecto inclúe tamén a actuación na pista entre A Moa e Quintela con actuacións a maiores en todos os viais adxacentes.
O investimento total é de 349.717,35, IVE engadido.
O proxecto foi xa remitido á Deputación de Pontevedra e unha vez aprobado será licitado por parte do Concello.
“Con este programa continuamos a liña de traballo dos últimos anos, aglomerando en quente os accesos principais e mellorando cunha dotación de maior durabilidade a nosa rede viaria”, explica a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando que o pasado ano se acometeu en Silleda o maior investimento en pistas municipais, con actuacións por valor de máis de 1,2 millóns de euros.
Brigadas no rural
Por outra banda, o Concello de Silleda continúa acometendo a mellora de vias no rural cos equipos que se conformaron con personal contratado tamén a través do programa Máis Provincia, da liña 3. Ademais de bacheo, incluíndo tamén pistas de zahorra, tamén se procederá ao rego dalguns viais, entre outros traballos.