Silleda, 15 de agosto de 2107. A estrada N-525 ao seu paso pola localidade da Bandeira volverá pecharse ao tráfico un ano máis con motivo das Festas de Verán. O Ministerio de Fomento aceptou a solicitude formulada dende o Concello para proceder ao corte entre o venres 18 e a madrugada do lunes 21 próximo.
Dende o gobernó municipal agradécese á Administración central que volvan permitir o desvío do tráfico, unha medida moi necesaria por motivos de seguridade dada a gran afluencia de persoas que se achegan durante estés días á localidade.
Así mesmo, e ao igual que en anos anteriores, faise un chamamento á colaboración cidadá lembrando que está prohibido aparcar en todas as rúas nas que se habilitará o desvío (Fernando Penoucos, rúa do Parque e o tramo de Ramón de Valenzuela). Solicítase a colaboración cidadá para respetar as sinais de tráfico e lograr que as festas transcurran sen contratiempos.
Por outra banda, xa se colocaron bandos informando do desvío e tamén do corte doutras rúas para a celebración de distintas actividades. Así o xoves 17 quedará cortada ao tráfico a rúa Camilo José Cela (dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas do venres, para a celebración do Bandeirock) e a rúa do Parque pecharase tamén nesta xornada dende as 15:00 ás 19:30, para a instalación da aula móbil da campaña informativa de Sogama sobre reciclaxe).
Xa o venres a rúa Xeral (N-525) quedará cortada dende as 16:00 hora ata o luns ás 06:00. Tamén se pecha ao tráfico a rúa da Empanada coa rúa Lavadorio, a rúa Lourás, xunto á travesía Vista Alegre, e os tramos que rodean a praza Juan Salgueiro e o parque.
Cine e torneo de canicas
O programa festivo da Bandeira arrancará xa mañá mércores coa proxección da película "Os Fenómenos", a primeira do ciclo de cinema en Galego da Concellería de Normalización Lingüística, (21:00 horas na praza Vales Mahía), e co campeonato de canicas, ás 21:30 no campo da Gandareira.
O xoves, ademáis da aula sobre reciclaxe que ciega da man da Consellería de Medio Ambiente, Bandeira vive a súa primeira gran velada coa 17 edición do Bandeirock, no que participan Ácid Proyect, The Lelli kelly, Los Vagos, e Atmósfera 0. As Festas continúan ata o domingo con música, actividades para os máis novos e a 43 edición da Festa da Empanada o sábado 19 como prato forte.