O Concello de Silleda licita as obras da primeira fase de remodelación do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira

Silleda, 24 de maio de 2017.  O Concello de Silleda vén de sacar a concurso as obras de remodelación do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe o anuncio de licitación para a dotación de herba sintética no terreo de xogo, o único do municipio que aínda estaba con terra.

Esta actuación, financiada a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra, corresponde á primeira fase das obras de remodelación da Gandareira, cunha inversión de 438.778,07 euros. A adxudicación realízase por procedemento aberto e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 19 de xuño (son 26 días naturais contados a partir de mañá).

Os pregos de cláusulas administrativas poden consultarse no Perfil do Contratante da web municipal (www.silleda.gal), e no departamento de Secretaría do Concello, así coma o proxecto e outra documentación.

Esta dotación é unha das máis agardadas tendo en conta que o da Bandeira é o único dos 4 campos de fútbol de Silleda que aínda ten o terreo de xogo en terra.

 

O de Outeiriño, a punto de adxudicarse

Esta obra, será unha das grandes inversión deste ano en Silleda no ámbito das infraestruturas deportivas xunto coa renovación da manta de herba sintética do campo de Outeiriño en Silleda, no que se investirán 214. 107,38 euros. Esta obra, que se tramita por procedemento negociado, está a punto de adxudicarse, xa que a día de hoxe os técnicos están a analizar as tres ofertas solicitadas por acordo da Xunta de

Esta actuación suporá a renovación do térreo de xogo, instalado no ano 2006 con céspede artificial e que acusaba un gran deterioro. Con esta actuación daráse resposta aos numerosos usuarios que veñen utilizando estas instalacións. Esta é unha das actuacións incluídas nos orzamentos municipais deste ano.

"Con estas dúas actuacións culminaremos dúas reformas necesarias das nosas infraestruturas deportivas que vimos mellorando nos últimos anos", explica o alcalde, Manuel Cuiña.