Silleda, 14 de agosto de 2019. O Concello de Silleda vén de licitar dúas actuacións que se acometerán nos vindeiros meses. Trátase da mellora de eficiencia enerxética no campo de fútbol de Mularedos, en Lamela e da nova fase de mellora do parquin da Fervenza do Toxa, en Pazos.
As licitacións, con carácter de contrato menor, poden consultarse no perfil do contratante tanto na web municipal como na Sede Electrónica do Concello. As empresas dispoñen dun prazo de 12 días naturais contados a partir de mañá para presentar a oferta no rexistro. Ao rematar dito prazo o luns 26, dado que o Rexistro estará pechado por ser festivo local, as ofertas recolleránse tamén o martes 27.
No caso da nova fase do aparcamento en Pazos, a obra realízase con cargó á axuda da Axencia Galega de Turismo e con fondos municipais. O orzamento de licitación é de 44.076,97 euros (IVE incluído) , e as obras teñen un prazo de un mes.
Con este proxecto mellorarase o aparcamento que se dotou o pasado ano no entorno deste enclave natural con fondos municipais, completando o proxecto iniciado en 2016 para retirar o tráfico rodado no entorno da fervenza, mellorar o sendeiro de baixada e completar a sinalización.
O proxecto busca atender as demandas dos usuarios e da propia veciñanza de Pazos, buscando solución a problemas coma o ensanchamento de augas polas choivas.
Así además de elementos para canalizar as pluviais, tamén está previsto adecencentar e implementar as sinais no novo sendeiro habilitado dende o propio parquin para chegar ata o miradoiro.
Así, realizaránse melloras para evitar na medida dos posible os danos ocasionados pola escorrentía de augas pluviais. Para mellorar a accesibilidade, o proxecto contempla tamén a instalación de travesas de madeira co fin de salvar desniveis na zona de estacionamento.
No sendeiro prevese realizar una pavimentación con celosías vexetais , co que tamén se reforza a seguridade dos visitantes. Outra das iniciativas que plantexa esta actuación é a dotación de alumeado, con instalación dun sistema de báculos soterrados co que tamén se mellora a seguridade dos usuarios.
O proxecto tamén inclue a colocación de estacas de madeira nos terreos da pista que vai ao mirador para evitar o estacionamento de vehículos en fincas privadas.
Fondo de Compensación Ambiental
A outra actuación é a dotación de alumeado no campo de fútbol de Lamela, que se realizará con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. O orzame nto de licitación neste caso é de 48.397 euros, completando a aportación municipal a cantidade recibida do citado fondo que ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio, e reequilibrio territorial, compensando a Silleda por contar con instalacións eólicas. O prazo das obras é de dous meses.
No caso do campo de fútbol de Lamela, o sistema actual, con moitos anos de antigüidade, conta cun grao lumínico deficiente que afecta ao correcto desenvolvemento de adestramentos e competición. A día de hoxe están instaladas 6 torres de 9 metros de altura . Co proxecto proposto, na liña non competitiva das axudas, búscase mellorar tamén a eficiencia enerxética da instalación, optando por luminarias LED a instalar en 4 torres cunha altura de 16 metros, repartidas de xeito uniforme ao longo do campo.