O investimento acométese con cargo ao programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra
Arranxaranse os accesos ao núcleos da parroquia de San Paio de Refoxos así como varios tramos da vía vetebradora
En San Tirso actuarase sobre varias vías na zona de Quintela, San Tirso e A Moa
Investiranse 350.000 euros
O Concello de Silleda continúa arranxando a extensa rede viaria municipal cos fondos que lle corresponden do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra (antigo Plan Concellos). Así, nesta anualidade, destinaranse 350.000 euros ao arranxo de varias vías nas parroquias de Refoxos e San Tirso de Manduas. Esta actuación ven de licitarse, publicándose os pregos correspondentes na Plataforma de Contratación do Estado. O prezo de licitación é de 349.717,35 euros, sendo o prazo de presentación de ofertas de 26 días naturais.
O prazo de execución dos traballos é de tres meses.
Na parroquia de San Paio de Refoxos, melloraranse os accesos a practicamente a totalidade dos núcleos, con actuacións en A Pallota, Xastres, O Outeiro, Cardesin, Lázara, A Calzada e O Couto. Algúns deles a mellora será con formigonado das vías e noutros con asfaltado en quente, incluíndo varios tramos da vía principal que vertebra esta localidade.
O proxecto inclúe tamén a actuación na pista entre A Moa e Quintela con actuacións a maiores en todas as vías adxacentes.
“Con este programa continuamos a liña de traballo dos últimos anos, aglomerando en quente os accesos principais e mellorando cunha dotación de maior durabilidade a nosa rede viaria”, explica a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando que o pasado ano se acometeu en Silleda o maior investimento en pistas municipais, con actuacións por valor de máis de 1,2 millóns de euros.