Silleda, 21 de marzo de 2017. O Concello de Silleda continúa mellorando a Recollida de Residuos Sólidos Urbanos no municipio, un proceso que comezou coa regularización deste servizo e que continuou nos últimos dous anos coa posta en marcha dunha serie de iniciativas.
A empresa concesionaria, Urbaser, vén de estrear tres novos vehículos que operarán no termo municipal de Silleda mellorando sustancialmente o servizo. Así, incorporáse un novo vehículo para os colectores de carga lateral (instalados nos cascos urbanos de Silleda e da Bandeira e nas localidades situadas ao pé da N-525). Este vehículo acorta os tempos de vaciado dos colectores, “axilizando as tarefas na recollida”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que hoxe se achegou ata o polígono industrial Área 33 xunto co concelleiro de Obras e Servizos e personal da firma adxudicataria para coñecer as novas incorporacións á flota do servizo.
Ademais deste vehículo de recollida, cunha capacidade de 7.000 kilos, tamén se estrena outro camión para a recollida no rural, con carga traseira e uns 4.500 kilos de capacidade.
As melloras –que estaban recollidas no contrato de concesión asinado o pasado ano- incluen ademais un vehículo de grandes dimensións específico para o lavado de colectores, tanto os do rural coma os de carga lateral que están nas vilas. O aumento da frecuencia no lavado dos colectores é outra das melloras acadadas coa concesión.
“Con medidas como a incorporación de novos vehículos á flota, a aposta pola carga lateral, e o aumento na frecuencia da recollida nas parroquias, dende o Concello de Silleda seguimos mellorando un servizo básico á cidadanía”, engade o rexedor.
Más colectores amarelos no rural
Outra das grandes novidades do servizo no último ano foi a posta en marcha da recollida selectiva no rural, con colectores amarelos para envases lixeiros. “É un servizo do que estamos moi satisfeitos e que continuaremos ampliando nos vindeiros meses”, avanza o alcalde.
Así, aos 126 colectores que se repartiron nas parroquias silledenses (cunha ratio dun colector por cada 80 habitantes), sumaranse en breve outras 30 unidades aportadas pola entidade Ecoembes.
O depósito nos colectores amarelos, para envases de plástico, bricks e latas, é unha das claves no proceso de reciclaxe tendo en contra ademáis que se estima que o tempo de degradación do aluminio é de 400 anos, o do latón entre 20 e 40 anos e que o plástico tarda uns 500 anos. A implantación da recollida selectiva no rural de Silleda rematouse o pasado verán.
“Se separamos ben para facer unha reciclaxe axeitada non só estaremos contribuíndo a manter o noso medio ambiente senon que tamén poderemos baixar o custe do servizo entre todos”, indica Cuiña.