Silleda, 19 de novembro de 2016. O Concello de Silleda está a acometer unha nova actución de mellora de alumeado público a través da subvención outorgada polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para proxectos de eficiencia enerxética na Administración Local.
En concreto actuarase en cinco puntos do municipio, tanto nos cascos urbanos coma no rural, en zonas nas que se detectaron deficiencias no servizo. Así, os cinco proxectos contemplan a renovación de alumeado na rúa República Arxentina de Silleda, e nas de Agro do Valo e Camilo José Cela, en Bandeira. Tamén se actuará no lugar de Goris (Lamela) , e na parroquia de Moalde.
Trátase de zonas onde con estas melloras se logrará ademais un maior aforro de enerxía. A inversión realizada en total é de 54.282,52 euros, coa aportación municipal e a axuda do INEGA.
Con esta iniciativa continúase a mellorar a rede de alumeado público do municipio de Silleda, onde xa se veñen realizando actuacións deste tipo a fin de mellorar a calidade do servizo e contribuir ao mesmo tempo a lograr máis aforro no consumo.
Tamén dentro das actuacións mellora, por parte do Concello de Silleda xa se iniciaron tamén os traballos para dotar de cableado ás rúas Chousa Grande e Esmorga, na vila da Bandeira, que levaban anos sen servizo despois do roubo de todo o cableado nesta zona.