Ofertarase dende novembro e ata marzo en substitución de Musicoterapia Xerontolóxica
As clases levaranse a cabo nos centros sociais de Silleda e da Bandeira
O Concello de Silleda vén de abrir o prazo de inscrición dunha nova actividade dentro do programa Silleda Activa, dirixido ás persoas maiores. Trátase da práctica de aerobic específica para as persoas deste colectivo, unha actividade que se impartirá dende novembro a marzo en substitución de Musicoterapia Xerontolóxica dado que a profesora desta modalidade estará de baixa por maternidade.
Para anotarse nesta disciplina, as persoas interesadas poden chamar e informarse no 986 592037, ou ben no propio Concello, no departamento de Benestar Social.
Impartirase nos centros sociais de Silleda e da Bandeira, con sesións dous días á semana.