-A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión das becas para estudantes universitarios e de ciclos formativos
Silleda, 14 de novembro de 2023. O Concello de Silleda vén de outorgar un total de 41 axudas ao estudo para veciños e veciñas do municipio que cursan estudos universitarios e de ciclos formativos durante o presente curso académico. En total presentáronse 58 solicitudes, das que 17 foron rexeitadas por non cumprir cas bases da convocatoria, na maioría dos casos por superar a renda per cápita familiar ou por estudar dentro do propio municipio.
O prazo rematou o 6 de outubro, logo da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra. A contía máxima, en función da renda per cápita, é de 450 euros.
No caso das axudas para libros e material destinadas a familias que precisan dunha protección especial ou con todos os seus membros en situación de desemprego, o número total de solicitudes rexistradas e concedidas foi de 2.
En total, o Concello de Silleda destina a estas subvencións directas ao estudo unha contía de 20.000 euros, continuando co apoio á educación dos últimos anos.
O listado de persoas beneficiarias pódese consultar a continuación: