A mellora pretende reforzar a seguridade viaria e protexer os peóns e os traballadores
O Concello de Silleda vén de iniciar un programa de mellora da sinalización vertical nos cascos urbanos de Silleda e da Bandeira, co obxectivo de actualizar e mellorar a visibilidade das sinais viarias.
Gracias a este programa, estanse colocando novas sinais en pasos de peóns e renovando aquelas que, debido ao paso do tempo, estaban deterioradas. Estas actuacións seguiron en todo momento as indicacións da Policía Local, que avaliou as zonas que precisaban de melloras.
Para a súa posta en marcha, o Concello de Silleda realizou unha inversión total de 10.000 euros, dos cales 7.183 euros foron financiados con remanentes do Plan Concellos 2022 e 2023, correspondendo o resto a recursos propios. Con esta partida económica, o Concello comprou un total de 130 sinais, das que 60 corresponden a pasos de peóns, e o resto a diferentes tipoloxías como stops, ceda o paso, estacionamento, taxis, e que agora están sendo instaladas polo persoal municipal.
“Coa instalación de esta sinalización irmos a seguridade viaria en puntos críticos de circulación e tránsito peonil, reforzando as políticas de protección viaria implementadas nos últimos meses” , di a alcaldesa Paula Fernández.
Ademais, tamén se adquiriron elementos de seguridade para os equipos de obras municipais, como valos e conos de protección, para, segundo a alcaldesa “mellorar a seguridade tanto dos traballadores que operan nos cascos urbanos como dos peóns e vehículos que transitan por esas áreas”.
O paquete de sinalización inclúe tamén espellos que se instalarán nas estradas do rural, respondendo ás demandas da veciñanza recollidas durante as reunións mantidas polo goberno local nos primeiros meses do ano.
Outras medidas de mellora na zona da feira
No marco deste programa comprouse tamén a nova sinalización necesaria para instalar no perímetro da feira de Bandeira, logo da reubicación dos postos conseguida por unanimidade entre todas os comerciantes. Con ela, establecerase con claridade os días nos que non se permitirá o estacionamento na zona do mercado, mellorando así a organización e seguridade durante as xornadas de feira.
Tamén se compraron valos que se utilizarán para a instalación de sinalización provisional os días de celebración da feira, co fin de habilitar como zona de aparcamento as dúas marxes da rúa Agro do Balo, onde ata o momento só se permitía o estacionamento nun dos laterais.
Con estas medidas, o Concello reafirma o seu compromiso coa mellora continua da seguridade viaria, dando resposta ás demandas veciñais e traballando en conxunto coa Policía Local para asegurar un entorno máis seguro e accesible para a veciñanza.