O Concello de Silleda porá en marcha xunto con Vila de Cruces o proxecto  Deza Circular, de capacitación e orientación ao emprego na economía forestal

-A iniciativa, dirixida a persoas en situación de desemprego, é das poucas que recibiron o visto bo da Fundación Biodiversidade na provincia, co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico e a cofinanciación do Fondo Social Europeo. O proxecto para formar a persoas desempregadas, conta cun orzamento de máis de 78.000 euros.

 

Silleda, 15 de abril de 2022. O Concello de Silleda porá en marcha nas vindeiras semanas o proxecto denominado “Deza Circular”, unha aposta para capacitar e orientar para ao emprego a  persoas desempregadas no ámbito da economía forestal circular. Esta inicativa, que conta co apoio do veciño municipio de Vila de Cruces, ten como obxectivo capacitar, orientar e insertar a persoas desempregadas en servizos innovadores  do aproveitamento forestal.

Así, realizaránse distintas accións destinadas a crear oportunidades no ámbito da economía forestal circular, así como no turismo sostible dos espazos naturais destas localidades.

O proxecto, cun orzamento de 78.336,20 euros, é un dos poucos da provincia que recibiu o visto bo da Fundación Biodiversidad, a través da liña de axudas do programa EmpleaVerde, e conta apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico, e a cofinanciación  do Fondo Social Europeo.

 

Deza Circular consta de tres tipos de accións. Así, ademáis dunha acción formativa, realizaránse outras dúas centradas na innovación social.

Poderán participar as persoas desempregadas de calquera idade e con calquera nivel formativo previo.

A formación presencial en aproveitamentos forestais e o acondicionamiento de espazos verdes céntrase en ofrecer coñecementos teórico-prácticos para o desemeño de perfís profesionais relacionados con actividades de conservación e mellora do monte e espazos verdes.

Así mesmo, a acción denominada Deza Recupera ofrecerá prácticas específicas orientadas á empregabilidade en conservación forestal e turismo sostible, a  o tempo que se levarán a cabo accións de mellora e recuperación de espazos naturais protexidos pertencentes á  Red Natura 2000 do Concello de Silleda , caso das Brañas de Xestoso ou o Sistema Fluvial Ulla-Deza, no que se inclúe o sendeiro do río Deza que comparten Silleda e Vila de Cruces.

A acción Deza Orienta encargarase de acompañar e de orientar para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas formadas no programa , así como de fomentar  o desenvolvemento de novas liñas de negocio sostibles en empresas da zona que faciliten a contratación das persoas formadas.

 

As actividades vanse executar na súa maior parte de xeito presencial no municipio silledense, e parte das accións de orientación e capacitación para o emprego na modalidade on-line.

Todas as persoas en situación de desemprego que estén interesadas en participar, poden informarse no Concello de Silleda, ou chamando ao 986 580000, a través da Concellerías de Medio Ambiente e Emprego, que dirixe Pili Peón.