O Concello de Silleda prescinde do alumeado de Nadal e decorará as rúas e prazas con materiais reutilizables a través de Cogami

-A decisión tomouse en coherencia ca situación social e económica actual. En caso de instalarse iluminación, será fotovoltaica. Usarase materiais de refugallo e outros sostibles como madeira, tamén en colaboración con empresas e colectivos da zona.

-Esta iniciativa novidosa en Galicia, ca decoración de rúas, prazas e elementos no rural, adquire unha dimensión medioambiental e tamén inclusiva, con esta nova colaboración co CDR de Medelo

-Entre as novidades deste ano, figura un concurso para dinamizar o rural

 Silleda, 5 de outubro de 2022.  O Concello de Silleda vista a situación actual e o contexto, tanto económico como social, replantexouse este ano todo o relativo á decoración de Nadal.

“Este ano non instalaremos nin unha soa bombilla de luz eléctrica para a iluminación de Nadal. Imos ser coherentes co momento que nos tocou vivir e tentaremos ser responsables co medio ambiente, ca crise enerxética e ao mesmo tempo darlle unha dimensión social ao Nadal”, indicou hoxe en rolda de prensa o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña.

Con esta novidosa iniciativa, o alumeado sustituirase por creacións feitas por material de refugallo e segundo uso, aos que dará forma COGAMI a través dos obradoiros dos Centro de Recursos de Medelo, nunha nova colaboración que aposta pola integración das persoas con discapacidade.

 

Cuiña,_ que compareceu co vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, o director do CDR Cogami de Medelo, Iván García, e as concelleiras de Cultura e Comercio, Mónica González e Pili Peón, respectivamente-explicou que o Concello contactou hai xa dúas semanas ca entidade para facerlles a proposta.

“Quero agradecer a gran acollida que tivo esta iniciativa”, sinalou o rexedor.

Esta iniciativa nace con carácter continuista. “Se ben este ano os prazos son moi axustados, a nosa idea é seguir o vindeiro ano con máis tempo e conseguir marcar un fito tendo todo o ano para desevolver a idea”, sinalou o alcalde apuntando tamén a colaboración de personal municipal.

Para a consecución contarase ca colaboración de empresas do municipio, que aportarán materiais como madeiras, e tamén de entidades como os centros educativos, que xa están tamén a recompilar por exemplo botellas de plástico que se entregarán a Cogami.

Colocaránse arcadas nas rúas e decoraránse prazas, todo con material dun segundo uso (madeiras, plásticos, perchas, bastidores….).

Concurso Silleda Fai Nadal e outro para dinamizar o rural

Así mesmo, o alcalde explicou que haberá algunhas creacións con luces, que se permitirán no certame Silleda Fai Nadal, que este ano celebrará a súa terceira edición. “No caso do Concello, se se pon algunha será de carga fotovoltaica”, engadiu.

Ademais do Certame de decoración de Nadal, aberto a particulares e colectivos, este ano estrenarase outro concurso que ten como finalidade dinamizar o rural.

As creacións decorativas chegarán tamén ao rural, onde as persoas participantes que demostren visitar as 33 localidades optarán aos premios, nun certame que se concretará nos vindeiros días.

“Con esto tamén buscamos que a veciñanza coñeza todas as parroquias”, engade o alcalde, que advertiu que a proposta xa foi presentada á directiva da asociación de comercios ECOS, con boa acollida.

Por parte de Cogami, Iván García, agradeceu ao Concello de Silleda que se contara co colectivo e sinalou que dende que se fixo a proposta “foi un proxecto que gustou moito, con vistas a continuar e que esperamos que guste ao pobo”.

“Enfrentámonos a un reto porque queremos que sexa tamén un traballo moi participativo e que as 26 persoas que acuden ao Centro de Medelo participen en todas as creacións”, engadiu.

Entre os materiais reutilizados figurarán madeiras, palets, plásticos… e de segundo uso como perchas e bastidores. Ademais indicou que as creacións, seguindo ca filosofía da iniciativa, irán acompañadas de carteis informativos que explicarán  de onde vén o producto e cómo se reutiliza.

O vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, calificou a iniciativa como un proxecto “innovador”, que vai na liña do cumplimento da nova Lei de Residuos, utilizando materiais de segundo uso. “Temos moita ilusión neste proxecto, que ademais pon en valor ao pobo e ás persoas con discapacidade”, indicou lembrando outras colaboracións co Concello, como o mantemento dos xardíns. “O Concello de Silleda aposta pola inclusión”.