Silleda, 19 de xullo de 2016. O Concello de Silleda ven de recepcionar na mañá de hoxe o tractor e as dúas desbrozadoras de brazo mercadas á empresa Agromaquinaria Silleda, S.L., tralo contrato negociado a tal efecto.
A compra do tractor supuxo unha inversión de 50.000 euros, e para as dúas desbrozadoras o presuposto foi de 33.000 euros, importes con IVE incluído, que se aboaron integramente con cargo ao Fondo de Cooperación da Deputación de Pontevedra. O destino desta compra é o reforzo do servizo de mantemento e limpeza das redes viarias do concello, e prevese que no día de mañá xa empecen a funcionar.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, quixo agradecer á Deputación de Pontevedra, e máis especialmente á Presidenta, Carmela Silva, a implicación, o bo trato e a colaboración que está a ter con todos os concellos.