Silleda, 7 de setembro de 2015. O Concello de Silleda recibiu xa varias ofertas de vivendas por parte de veciños e veciñas do municipio para acoller a refuxiados sirios que están a chegar a Europa.
Dende o goberno municipal o alcalde, Manuel Cuiña, destaca a solidariedade dos silledenses, “que con xestos coma este volven a demostrar a súa hospitalidade e xenerosidade”, engade.
Así mesmo, Cuiña explica que o Concello de Silleda está á espera do que se decida nas administracións supramunicipais sobre a resposta de acollida aos refuxiados.
“En Silleda poñerémonos á disposición do que se decida, ofrecendo os recursos que poidamos,e colaborando na necesaria resposta a esta gravísima crise humanitaria”, engade Cuiña.