Silleda, 5 de outubro de 2016. O Concello de Silleda vén de recibir a aprobación da Consellería de Traballo e Benestar dunha subvención para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural). Esta axuda, por un importe de 30.000 euros, está destinada a contratación de traballadores/as en situación de desemprego.
Así, a subvención destinarase á realización do servizo denominado “Mantemento de infraestruturas municipais”, pola que se contratará a un total de 5 operarios/as para o desenvolvemento de distintas tarefas.
En concreto, nas vindeiras semanas procederase á contratación dun peón-electricista; un peón de albanelería e outros 3 peóns barrendeiros, con contrato temporal por 6 meses de duración.
“Dende o goberno municipal vimos acolléndonos nos últimos anos a este tipo de axudas que nos permiten contar con operarios para poder manter servizos, e ao mesmo tempo contribuén a fomentar o emprego no noso municipio”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
A selección de persoal realizarase nas vindeiras semanas a través da Oficina Pública de Emprego. Estes 5 operarios/as sumaranse ao equipo de traballo dos respectivos departamento municipais por ese periodo de seis meses.