Silleda, 2 de febrero de 2013. O Concello de Silleda vén de remitir ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas o preceptivo informe de seguimento do Plan de Axuste 2012-2022, aprobado ao amparo do Real Decreto 4/2012 e no que se impuxeron unha serie de medidas para equilibrar a contabilidade municipal.
Este plan, que foi aprobado por unanimidade dos tres grupos da Corporación silledense no pleno ordinario celebrado o día 28 de marzo de 2012, recolle unha serie de medidas, tanto no capítulo de gastos coma de ingresos, que á vista do informe do departamento de Intervención se cumpriron superando mesmo as previsións iniciais.
Así, no tocante aos ingresos, os datos manexados da liquidación orzamentaria revelan que a variación respecto ao previsto no plan de axuste sitúase nun 33,45% máis.
Este aumento vén dado, sobre todo, polo cobro de subvencións e outras axudas que non se incluiron no orzamento polo principio de cautela aplicado. Así mesmo, tamén hai que ter en conta a adopción de meidas xa previstas coma o aumento de determinadas taxas (escola de música, servizo de apertura de centros educativos fóra do horario escolar…) ou a aprobación doutras novas.
A alcaldesa e responsable municipal do departamento de Facenda, Paula Fernández Pena, advirte que no tocante aos ingresos, está aínda pendente de aprobar o aumento da taxa polo servizo de recollida de lixo. Como xa se explicou no último pleno “de momento a taxa manterase para 2013 porque estamos a barallar distintas posibilidades, sempre coa intención de aplicar a suba menos lesiva para os petos dos nosos veciños e veciñas”, sinala. Así, Paula Fernández sinala que dende o goberno municipoal se segue a estudar a posibilidade de sumarse ao servizo provincial da Deputación, cun convenio que foi revisado, “ e que debemos de estudar ben antes de tomar unha decisión”, sinala a rexedora, “por iso non aplicamos aínda a suba desta taxa que sabemos que temos que facer”, sinala.
En canto aos gastos, éstes sofren un amumento dun 9,33% respecto á previsión inicial do plan de axuste, debido a que, como reflexa o informe non se tiña contemplado no mesmo o abono de 653.128 euros para o pago a proveedores con cargo precisamente ao RD 4/2012. “De non ser por esta cantidade, estaríamos moi por debaixo dos gastos previstos no plan de axuste”, sinala a alcaldesa.
En relación ao cumprimento das medidas que recollía o plan de axuste no ano 2012, no informe destácase o “descenso considerable” no capítulo de Persoal. No tocante á reducción da plantilla municipal á que obriga o plan de axuste , Paula Fernández, aclara que dende o goberno, “en vez de facer un ERE ou tomar outras medidas máis drásticas, optamos pola non renovación de contratos”. Como xa se informou con anterioridade, no ano 2012 houbo 5 contratos que non se renovaron. A eliminación dos complementos de produtividade e a non contratación de xeito temporal, salvo en casos de servizos esenciais, tamén foron outras das medidas adoptadas.
En canto aos restantes medidas previstas, tamén se contempla unha diminución do gasto no capítulo de suvencións, e no de gastos correntes. “Fixemos un grandísimo esforzo para conter o aumento dos gastos, para non gastar máis do que dispoñiamos, ao contrario do que se viña facendo neste Concello”, dí Paula Fernández, que remarca que “o único servizo no que houbo recortes foi no alumeado público, cun plan de aforro que está a dar os seus froitos e que permite repoñer agora puntos de luz”.
No informe tamén se recolle que a diminución do gasto corrente deberá de consolidarse “de forma progresiva” nos vindeiros anos para lograr o equilibrio material do orzamento municipal, dacordo co establecido no plan de axuste.
O informe de Intervención tamén establece que o nivel de endebedamento se reduxo nun 2,88%. Do mesmo xeito, o remanente de tesourería para gastos xerais descende a -606.424,35 euros, cando o previsto era de -800.000 euros, “o que reflicte a mellora económica acadada”, engade a rexedora.
O informe conclúe que se ben no apartado de ingresos quedaría por facer a suba da taxa pola recollida do lixo, á espera de determinar a adhesión ao plan provincial, na vertente dos gastos hai unha diminución, que deberá continuar en exercicios vindeiros para lograr o equilibrio material en futuros orzamentos.
“En resumo, este goberno cumpliu co estipulado no plan de axuste que foi imposto para solventar a difícil papeleta económica que nos deixaron dirixentes anteriores neste Concello”, sentencia Paula Fernández, que apela “á responsabilidade de todos os grupos á hora de criticar medidas de axuste que estamos obrigados a facer por este plan, froito da mala xestión de gobernos precedentes, algo que debe de quedar moi clariño”.