Silleda, 14 de decembro de 2019. O Concello de Silleda renovará as luminarias do alumeado público de distintos puntos do termo municipal a través do programa denominado “Iluminación Exterior Sostible II”, que acomete a Deputación de Pontevedra con Fondos Feder.
O pasado mes de xuño o alcalde, Manuel Cuiña, asinou xunto cos representantes doutros 42 municipios da provincia o convenio de colabroación para acometer esta actuación.
En total renovaránse 205 puntos de luz que serán substituidos por luminarias LED, co obxectivo de lograr un maior aforro e reducir a contaminación lumínica. O investimento total será de 97.618,56 euros, contando cas achegas da Deputación de Pontevedra, fondos Feder e a correspondente aportación municipal.
Os puntos a renovar son 51 na parroquia de Lamela; 8 na zona da rúa Calzada da Bandeira; 24 na rúa Trasdeza; 19 na PO-201; outras 39 na zona sur de Taboada; 11 en O Burgo, na parroquia de Cortegada; e 53 en A Mera.
Trátase de puntos de luz situados en farolas de maior altura, e na súa maioría ao pé de estradas moi transitadas.
“Con esta iniciativa continuaremos apostando por reducir o consumo enerxético, pola eficiencia e polo paso a unha economía que reduza o carbono”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.
A convocatoria destas axudas realizaouse a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía no marco do programa operativo Feder de Crecemento Sostible 2014-2020.
A Xunta de Goberno Local tamén acordou a adhesión a este programa que comezará a executarse nos vindeiros meses unha vez se contraten os traballos.
Segundo as estimacións técnicas, a factura eléctrica nos concellos reducirase en torno a un 62% con esta substitución de luminarias.