Silleda, 14 de marzo de 2019. O Concello de Silleda vén sacar a concurso o controto para a xestión, subministro e mantemento da Rede de Calor con Biomasa, mediante procedemento aberto.
Este contrato de subministración, por un periodo de dous anos, xustifícase tal e como figura no anuncio para unha maior racionalización e control da mesma, ademáis de para levar a cabo o seguimento, as labores operativas e de mantemento de tódalas instalacións térmicas definidas.
O anuncio e os pregos tanto técnicos como administrativos xa están colgados no perfil do contratante (da Sede Electrónica e no apartado Subministros da web municipal) así como na Plataforma de contratación do Sector Público.
O valor estimado do contrato bianual ascende a 357.164, 72 euros (IVE incluido). As proposicións deben presentarse no Rexistro Municipal do Concello no prazo de 15 días naturais contados a partir de mañá (remataría o vindeiro 29).
Por outro lado, o Concello de Silleda recibirá mañá en Compostela un dos VI Premios de Enerxía pola dotación da primeira fase da Rede de Calor con Biomasa, que se estrenou o pasado mes de outubro. O galardón, na categoría do Mellor Proxecto de Enerxías Renovables, entregarase na Noite da Enerxía, acto que se celebrará no auditorio Abanca de Santiago a partir das 20:00 horas.
O alcalde, Manuel Cuiña, e o enxeñeiro industrial que deseñou o proxecto Ricardo González, entre outros, representarán ao Concello de Silleda na entraga dos Premios Galicia de Enerxía, que outorga a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, e que son xa un referente á hora de recoñecer as mellores traxectorias no fomento e implantación de boas prácticas no ámbito enerxético, así como as contribucións realizadas por distintos profesionais ou entidades.
“Para o Concello de Silleda, e polo tanto para todos os veciños e veciñas deste municipio é un orgullo recibir este recoñecemento”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, amosando a súa satisfacción. Para Cuiña, que a Rede de Calor con Biomasa se recoñeza con este premio, “é un espaldarazo máis á grande aposta que fixemos dende o Concello en materia de enerxía, cun proxecto pioneiro que como se ve segue a colleitar éxitos”, explica.
A Rede de Calor con Biomasa “District Heating” suministra na súa primeira fase calefacción e auga quente a varios edificios públicos e tamén ao Hotel Vía Argentum e próximamente á Residencia de Maiores que abrirá as súas portas en breve. No pasado mes de outubro convertiuse ademais na primeira rede público-privada destas caracterísitas en toda Galicia.
Esta actuación, cunha inversión total de 816.587,67 euros, foi financiada nun 80% polo INEGA e o 20% restante polas arcas municipais, a través do Plan Concellos da Deputación.
A rede, de biomasa con astilla, subministra calefacción e/ou auga quente sanitaria o pavillón deportivo César Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a piscina municipal, a Escola Infantil A Galiña Azul, a Residencia e Centro de Día de Maiores e o Hotel Vía Argentum.