-O proxecto, incluido no programa de mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia durante o ano 2020, supón unha inversión de máis de 100.000 euros
Silleda, 3 de agosto de 2020. O Concello de Silleda vén de licitar o proxecto para a dotación dunha zona de aparcamento no parque empresarial Área 33, que o mes pasado recibía o visto bo na convocatoria pola que a Consellería de Economía e Facenda convoca axudas en réxime de concorrencia competitiva para a mellora de parques empresariais.
O anuncio de licitación está publicado dende hoxe na plataforma de contratación do Estado e na sede electrónica (perfil do contratante). Os pregos de condicións e o proxecto poden consultarse tamén no Perfil do Contratante da web municipal (sección Obras). O prezo de licitación do proxecto é de 106. 094,96 euros. Trátase da creación dunha zona de aparcamento na zona de acceso ao polígono dende Lalín, onde se prevé crear unha zona de estacionamento en batería con 50 plazas (2 delas para persoas con mobilidade reducida). O anteproxecto realizado polo Concello prevé tamén a dotación dun muro de contención que formará parte da nova fachada do polígono dende o acceso de Lalín, muro que se dotará dun acabamento aplacado en pedra, e cun rótulo identificativo do polígono. A obra está cofinanciada pola Consellería e o Concello de Silleda. O prazo de presentación das ofertas é de 13 días naturais contados a partir de mañá día 4.
Esta actuación viría a implementar a mellora de accesos e a sinalización que se dotou no parque empresarial nos dous últimos anos, co pintado dos tramos, sinalización vertical e nomeamento de rúas, entre outros.