O Concello de Silleda tramita unha axuda de 60.000 euros para o acondicionamento dunha rúa en A Bandeira

-O proxecto presentouse ao Plan Urbe da Xunta de Galicia

-Búscase financiamento para o acondicionamento de beirarrúas e saneamento da Travesía Vista Alegre en A Bandeira

 

Silleda, 23 de xuño de 2016.  O Concello de Silleda ven de solicitar unha axuda ao Plan Hurbe da Xunta de Galicia para o acondicionamento de beirarrúas e o saneamento na Travesía Vista Alegre, en A Bandeira.

Este plan de axudas busca modernizar infraestruturas e recuperar espazos públicos en pobos galegos, e a él acode o municipio trasdezá cun proxecto valorado en 60.000 euros para mellora de dita rúa, consistente na dotación dun único sentido de circulación, con prazas de aparcamento no lado este, así coma a ampliación das beirarrúas ata os dous metros de ancho e a mellora do pavimento, actualmente deteriorado e descontinuo, con diversas pezas soltas no traxecto.

Así mesmo o proxecto tamén inclúe unha nova rede de recollida de pluviais, á vez que se renovarán os tubos de paso para as instalacións de abastecemento eléctrico, alumeado e telecomunicacións.

De ser concedida esta axuda, o concello fixa un prazo de catro semanas para a realización dos traballos.