Silleda, 4 de abril de 2020. O Concello de Silleda está a ultimar as axudas municipais para os autónomos e establecementos que tiveron que paralizar a sua actividade pola crise do COVID-19. O alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña, indica que despois da Semana Santa estarán xa listas as bases para que “todos aqueles propietarios de establecementos e autónomos afectados poidan solicítalas”, engade.
O rexedor explica que “todos os esforzos e recursos do Concello están concentrados dende que se decretou o estado de alarma en protexer á cidadanía e previr o avance do vírus, ao tempo que se estudian as fórmulas para paliar as consecuencias a nivel económico”.
Neste senso, Cuiña avanza xa que o proxecto para reunificar os servizos municipais coa dotación dun novo consistorio “está xa postergado, pese a ser necesario, o que nos vai permitir axudar a quen agora está sufriendo as consecuencias desta pandemia”, indica.
Nos últimos días, dende o Concello estivo a realizarse un primeiro avance do número de establecementos afectados a fin de cuantificar a partida económica que se destinará ás axudas municipais.
“Levamos dende o primeiro día vendo fórmulas en canto á compesacións de tributos, axudas directas… e visto que a situación de confinamento continuará cremos moi necesario sacar xa estas bases”, indica o rexedor.
Para a aprobación destas axudas, como xa se informou a través do espazo común creado na plataforma Gestiona, tratara-se de buscar o consenso de todos os grupos municipais. Dende esta plataforma tamén se ofrece a posibilidade a partir da vindeira semana de crear un sistema de comunicación virtual a través de videoconferencia, un método ao que estudia sumarse o Concello de Silleda para a celebración dos órganos colegiados que foran precisos de cara a aprobar estas axudas.
Cuiña lembra que Administracións coma a Deputacion de Pontevedra habilitaron ademais recursos para que os concellos poidan implementar axudas destinadas a combatir os efectos da pandemia, ao tempo que están ademais prorrogados os pagos de taxas e tributos.
“Seguiremos centrándonos en atender ás necesidades da poboación e axudar aos que están a sufrir as consecuencias económicas desta crise sen precedentes. Agora máis que nunca as institucións públicas teñen que axudar á cidadanía”, engade.