Silleda, 31 de marzo de 2015. O Concello de Silleda iniciou hoxe os traballos de limpeza das beirarrúas nos dous cascos urbanos do municipio.
Operarios do servizo de limpeza comezaron os traballos cos lavados das vías en puntos como a rúa da Estación de Silleda e a rúa da Moa, na Bandeira. Nos próximos días os traballos continuarán noutros tramos das vilas silledenses.
Aproveitando tamén a chegada do bo tempo, está previsto acometer o pintado de diverso mobiliario urbano deteriorado polo paso do tempo, caso dalgunhas das farolas con restos de óxido.
A mellora das vías urbanas, ademais da limpeza e lavado das rúas, completarase en breves datas con unha ampla actuación vén de rematar un proxecto para a mellora da sinalización nos dous cascos urbanos do municipio. “Buscase repoñer o pintado de todos os cebreados e tamén o pintado lonxitudinal de todas as rúas, mellorando así a sinalización e con ela a seguridade viaria”, explica o alcalde.
O proxecto ten un orzamento total de 55.039 euros. En total actuarase sobre as 16 vías urbanas da Bandeira e outras 32 do casco urbano de Silleda.
Búscase con esta actuación mellorar os dous núcleos sillendeses tendo en conta que nalgún caso o pintado sobre o pavimento actual se atopa deteriorado ou cun estado de conservación deficiente.
“Aínda que dende o Concello vimos actuando de xeito puntual repintando por exemplo os pasos de peóns xunto aos centros escolares, hai que ter en conta que esta sinalización horizontal precisa unha reposición xeral”, explica o alcalde. Actuarase sobre pasos de peóns (cebreados), flechas e outros indicativos, delimitación de zonas de aparcamento… e outros elementos de sinalización horizontal. Dende o goberno municipal agárdase que o proxecto se poida aprobar canto antes para iniciar os traballos.