Silleda, 18 de marzo de 2015. O Concello de Silleda procedeu hoxe á instalación de unha marquesina dentro da ruta do transporte escolar na localidade de Sar, na parroquia de Escuadro. Esta parada foi eliminada no seu día ao non haber alumnado, e a marquesina existente foi reubicada noutro lugar.
Hoxe hai escolares que acuden ao CEIP da Bandeira que carecían deste servizo. A concelleira de Educación, Pilar Peón, achegouse hoxe ata o lugar dende onde os usuarios demandaron este servizo, para evitar que os escolares estén á intemperie no inverno.
Con esta dotación, dende o Concello continúase apostando por mellorar a calidade no servizo e atención ao alumnado do municipio.
“No caso de detectarse outras carencias deste tipo, dende o Concello trataremos de dar resposta con novas dotacións ou reubicacións de marquesinas”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña.