Silleda, 2 de maio de 2017. O Concello de Silleda vén de iniciar o proceso para adquirir un novo vehículo para o parque de maquinaria municipal do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey. Trátase da compra dun novo tractor polivalente que se destinará ao servizo demantemento e limpeza da rede viaria do municipio silledense. O prego de cláusulas adminitrativas establece un prezo de licitación de 41.322,31 euros máis IVE. O expediente, aprobado en Xunta de Goberno, tramítase por procedemento negociado sen publicidade.
Así, xa se solicitaron ofertas a tres empresas do municipio do sector da maquinaria agrícola. A adquisición deste vehículo é unha das inversións previstas nos orzamentos municipais deste ano, xunto coa compra tamén dunha máquina barredora para a limpeza de rúas.
“Con este vehículo pretendemos mellorar e ampliar o servizo de desbroces das moitas vías municipais que temos en Silleda”, explica o alcalde Manuel Cuiña, que prevé que o novo vehículo comece a traballar xa nas vindeiras semanas co inicio da campaña estival de desbroces, a época con máis carga de traballo deste servizo.