O Concello organiza de novo o concurso de decoración de Nadal nos centros educativos e crea o certame Silledagasalla

Silleda, 26 de novembro de 2014. O Concello de Silleda vén de convocar dous concursos de Nadal. Así, ademais do certame de decoración para os centros educativos que se estrenou o pasado ano, entre as novidades deste ano figura o concurso que leva por título Silledagasalla.

Trátase de unha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración co IES Pintor Colmeiro, o colectivo ECOS e os departamentos de normalización do resto dos centros educativos.

Este certame, para o fomento da lingua,  ten dous apartados. Así, por un lado elixiranse os lemas máis orixinais que se repartirán entre os comercios asociados de ECOS para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes.

A outra das variantes, pasa pola elección dos mellores debuxos que protagonizarán os cartaces deste programa. Este concurso levarase a cabo en cada centro de xeito interno.

Por outra banda, e logo do éxito do pasado ano, o programa de Nadal tamén inclúe a segunda edición do Concurso de Decoración nos Centros Educativos, organizado dende o Concello de Silleda.

O obxeto deste concurso é premiar a orixinalidade, presentación, creatividade e a incentiva dos centros á hora de decorar de cara ao Nadal. Haberá tres categorías: para o alumnado de Educación Infantil; Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato. O xurado deste concurso estará formado por

un representante do ámbito asociativo silledense, un técnico/a municipal que actuará como secretario e unha persoa relacionada co mundo da creatividade.

Entre os criterios, valorarase que apareza representado na decoración algún elemento arquitectónico, artístico ou natural do municipio de Silleda. Tamén se valorará a creación artística das creacións: interculturalidade dos decorados, orixinalidade, inxenio, creatividade, así como a laboriosidade na execución das obras e materiais utilizados.

Cada membro do xurado puntuará a decoración de 0 a 10 puntos. A suma de todos os puntos dará lugar aos gañadores do concurso. No caso de empate volverase a puntuar entre os empatados, pero nesta ocasión a puntuación será de 1 a 3 puntos.

Os traballos presentados ao concurso deberán estar expostos nunha dependencia dos Centro de Ensino para o día 17 de decembro, data na que o xurado  fará as visitas para evaluar os traballos. A decisión do xurado farase pública ao día seguinte, e a entrega de premios realizarse no mes de  xaneiro.

Premios

Segundo figuran nas bases do certame, a  Concellería de Cultura do Concello de Silleda estipula a concesión dun premio en cada categoría: a concesión dun cheque regalo por valor de 100 euros para a compra de libros en galego que se destinarán a biblioteca do centro correspondente.

Así mesmo, o xurado calificador poderá outorgar ata un máximo dun accésit por categoría (75 euros para a compra de libros en galego para a biblioteca do centro) se así o considera. A todos os Centros Educativos otorgaráselles un diploma de participación