Silleda, 14 de xaneiro de 2015. O Concello de Silleda acaba de iniciar os traballos para recuperar unha fonte tradicional en Martixe, no lugar de Martixe de Abaixo.
Trátase dun manantial que preside un fermoso conxunto de pedra con conduccións de auga en canteiría e tamén un lavadoiro tradicional.
“Imos arranxar esta fonte con unha actuación pola que os veciños levan moitos anos agardando”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que hoxe visitou os traballos xunto co concelleiro de Medio Rural e Servizos, Klaus Brey.
Ademais da fonte, lavadoiro e conduccións de pedra tamén se limpará e se completará con lousas o acceso a esta zona na que se creará unha área de lecer. Tamén se prevé recintar o muro que rodea este enclave, tamén de pedra.
“É unha das fontes máis fermosas que temos no noso rural”, explica o rexidor. Os traballos completaránse coa dotación de bancos ou outro mobiliario urbano.
“Con esta actuación seguimos apostando pola recuperación e mellora de lugares emblemáticos para moitas parroquias como son as fontes e lavadoiros”, apunta Cuiña.