Silleda, 18 de marzo de 2015. O Concello de Silleda rematou as obras de mellora na pista que une os lugares de Camporrapado e Regalade, na parroquia de Cortegada. Ademais da limpeza de cunetas e outros traballos, este vial, con algo máis de 1,5 kilómetros de lonxitude, mellorouse coa dotación de triple rego asfáltico. As obras supuxeron unha inversión de 18.00 euros.
“Este vial forma parte do proxecto de mellora que tamén incluiu os arranxos en Cumbraos, Outeiro –en Manduas- e o de Ponte, que se está a realizar nestes momentos”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.
Estas catro actuacións, todas elas con triple rego, supuxeron un investimento total de 98.000 euros, “completando as melloras que estamos a realizar dende o Concello na rede viaria do noso municipio”, explica Cuiña.
Nos vindeiros días tamén quedará rematada a de Rosende, en Ponte.