O Concello renova o convenio coa ONG Humana que aportará máis colectores de roupa usada e fondos para fins solidarios

Silleda, 10 de outubro de 2015. O Concello de Silleda vén de renovar o convenio de colaboración con Humana-Fundación Pueblo para Pueblo que ten instalados colectores para a recollida selectiva de roupa e calzado usados no municipio.

En virtude deste acordo, Humana instalará máis colectores, pasando de 5 a 7 unidades especialmente deseñadas para realizar esta recollida.

Así mesmo, a entidade elaborará unha memoria anual de actividades ademais de comunicar trimestralmente por escrito ao Concello a cifra de kilos recollidos.

O convenio, que terá unha vixencia mínima e obrigatoria de dous anos, vén a ampliar e mellorar as condicións de colaboración entre o Concello de Silleda e Humana.

Así, prevese a realización de acción de sensibilización, con charlas, xornadas ou campañas co fin de concienciar aos potenciais usuarios do servizo sobre a importancia social da recollida selectiva da roupa usada.

Tamén se levarán a cabo acción para informar aos usuarios sobre a ubicación dos colectores instalados.

 

 

 

Complemento de Silleda Solidaria

A colaboración con Humana vén a complementar o traballo que se está a realizar dende o programa municipal Silleda Solidaria, en concreto a través do roupeiro municipal.

Así, o Concello poderá dispor anualmente dun total de 350 kilogramos de roupa usada sen clasificar recollida mediante os colectores de Humana, para o uso que se considere oportuno.

A maiores, a fundación colaborará co Concello coa aportación de 250 euros anuais por colector (un total de 1.750 euros por ano) durante a vixencia do convenio. Esta cantidade será destinada polo Concello para realizar acción no marco dos obxectivos do acordo, obxectivos que van dende a sensibilización da poboación sobre a reciclaxe a valoración dos residuos, ata o apoio ás familias con menos recursos do municipio, sen esquecer a cooperación internacional para o desenvolvemento, ámbito de actuación da Fundación Pueblo para Pueblo.

Esta ONG desenvolved ende 1987 distintos proxectos de cooperación en países de África, América Latina e Asia.

Ubicación dos colectores

A día de hoxe Humana conta con 5 colectores nas dúas vilas do municipio. En Silleda están situados xunto ao Centro Social, o IES Pintor Colmeiro, e nas inmediacións da Praza da Feira Vella. Na Bandeira están xunto ao Centro de Saúde e a Praza da Feira.

Agora instalaránse outros dous na capital municipal. Un estará na avenida do Parque, xunto á parada de taxis (na illa de colectores) e o outro ubicarase xunto á estada nacional N-525 nun lugar aínda por determinar.

A colocación dos dous colectores en Silleda responde ao volumen de roupa recollida nos últimos anos.

Máis de 17.000 kilos de xaneiro a agosto

Así nos primeiros 8 meses deste ano, dende xaneiro a agosto, a cantidade de roupa usuada depositada nos colectores foi de 17.496 kilogramos, sendo os colectores de Silleda onde maior cantidade se recolleu, con 14.156 kilos. En Bandeira a cantidade recollida ascendeu a 3.340 kilos.

“Con este convenio melloramos moito as condicións de colaboración con esta ONG que vén operando dende hai anos no noso municipio”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.