O Concello renovará as luminarias en 4 rúas de Silleda con dispositivo LED

 

Silleda, 21 de marzo de 2015. O Concello de Silleda acometará na capital do municipio un proxecto de mellora de eficiencia enerxética, coa dotación de luminarias LED en catro tramos urbanos onde se mellorarán as condicións de iluminación.

A través desta iniciativa substituiránse todas as luminarias das rúas Progreso, Venezuela, María Colmeiro e as da avenida do Parque. O proxecto contempla o aproveitamento das bases, colocando enriba un soporte de maior altura (aumentase un metro) para mellorar a proxección lumínica.

“Con esta actuación buscamos mellorar a calidade da iluminación con dispositivos que ao mesmo tempo  permitirán conseguir un maior aforro do gasto enerxético a través da instalación de luminarias de tecnoloxía LED”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Unha vez desmontadas as partes superiores das farolas procederase á adaptación das novas luminarias. “Nestes momentos contamos con varias propostas de diseño para renovar o alumeado público nestas catro rúas, nas que se aproveitarán as bases actuais das farolas colocando soportes alargadores que elevarán un metro máis  a altura dos actuais puntos de luz”, engade o alcalde.

Así, na avenida do Parque serán 36 os puntos de luz que se renovarán; 32 na rúa Progreso; os 27 da rúa María Colmeiro e os 25 existentes na rúa Venezuela.

Segundo o estudo recollido no proxecto, a potencia pasará de 18.000 a 6.800 watios, logrando reducir o consumo enerxético nun 62 por cento.

“Ao tempo que melloramos as condicións de iluminación nestas vías urbanas tamén se está a xenerar unha importante reducción da potencia actual, e en consecuencia o consumo e custes deste servizo municipal”, engade o rexedor.

O proxecto suporá unha inversión de 120.873 euros.

Substitución na rúa Trasdeza

Por outra banda, o Concello de Silleda acometerá outro proxecto de mellora de iluminación na rúa Tradeza, a vía principal que atravesa o casco urbano de Silleda e onde tamén se fai necesaria a renovación de luminarias.

Cuiña explica que esta actuación era unha das inversións previstas nos orzamentos municipais de 2015, que non foron aprobados. Esta proposta ten un orzamento de 80.000 euros, coa colocación de novas farolas con maior altura.

Nestes momentos plantéxase a realización de unha primeira fase da substitución (no tramo de entrada á vila dende Santiago) a través dos ingresos que lle corresponden ao Concello do Fondo de Compensación Ambiental.

“Estes proxectos son o froito do traballo realizado nos últimos  para mellorar e sobre todo lograr un maior aforro no alumeado público municipal”, explica Cuiña.

Dende o goberno municipal consideráse que nesta rúa principal de Silleda tamén é necesario mellorar a iluminación, de ahí a realización deste proxecto.

Montaxe con unha das propostas de deseño que se están barallando, na avenida do Parque