O Coto de Pesca sen morte de Carboeiro acolle este sábado o I Open Mosca Río Deza

A presentación do certame, no que participarán 32 persoas, celebrouse este mércores 18 de setembro co apoio dos Concellos de Silleda e Vila de Cruces

O Coto de Pesca sen morte de Carboeiro acollerá este sábado 21 de setembro o I Open Mosca Río Deza, un evento organizado polo Club de Pesca Río Deza que contará con 32 prazas en total, das cales dez estarán reservadas para socios da entidade a través dun campionato social.

Entre os participantes destacan pescadores de diversas partes de Galicia e Portugal, algúns deles con experiencia en competicións a nivel mundial de pesca con mosca.

A proba desenvolverase este sábado 21 de setembro no coto de pesca sen morte, situado nas inmediacións do mosteiro de Carboeiro, en catro mangas repartidas en 16 tramos de pesca. Cada participante pescará unha manga de 2 horas pola mañá e outra de 2 horas pola tarde. Todas as capturas serán medidas para puntuar e devoltas ao río inmediatamente.

O certame foi presentado hoxe no Concello de Silleda por membros do club, incluíndo ao seu presidente Miguel Montoto, e Sito Veiga, que forman parte da organización xunto con David Framiñán, Isaac Montilla e Xaime Blanco.

Os Concellos de Silleda e de Vila de Cruces, que comparten este tramo do río Deza, apoian o evento. Na presentación estiveron presentes as concelleiras de Deportes de ambos municipios, Mónica González e Noemí Lois, xunto coas concelleiras de Educación, Ángela Troitiño e Mireya Otero.

Desde os dous concellos, que colaboran co Open de Pesca xunto con outras empresas patrocinadoras, sublíñase a importancia de poñer en valor o rico patrimonio natural e histórico das dúas beiras do río Deza nesta zona.

Dende os dous municipios que colaboran co Open de Pesca ao igual que outras firmas patrocinadoras, destácase a repercursión e a posta en valor do gran patrimonio natural e histórico co que contan as dúas beiras do río Deza nesta zona.

Todos os participantes serán agasallados con produtos gastronómicos locais, mentres que os 10 primeiros clasificados recibirán premios en metálico e material de pesca.

Os representantes de Río Deza agradeceron aos Concellos e aos patrocinadores a boa acollida do campionato, cuxas prazas se esgotaron en pouco tempo.