O curso de deseño de Apps móbiles, do programa TIC Emprendes, retrásase ata novembro

-Debido á situación sociosanitaria, non comezará a principios de outubro, como estaba previsto. Haberá un máximo de 15 participantes , de 16 a 30 anos, que percibirán ademais unha beca de asistencia. As inscricións poden realizarse ata 15 días antes do comezo da acción, para mellorar a empregabilidade da mocidade no rural e fomentar o emprendemento

Silleda, 23 de setembro de 2020. O Concello de Silleda sumouse o pasado verán ao programa TIC Emprendes, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e confinanciado polo Fondo Social Europeo. Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persas mozas que residan en localidades dun entorno rural.

No caso de Silleda realizarase un itinerario formativo sobre deseño de aplicación móbiles, que estaba previsto entre o 5 de outubro e o 9 de novembro, en horario de mañá. Ante a situación sociosanitaria actual, decidiuse aprazar esta acción formativo, sendo a data prevista de inicio o vindeiro mes de novembro. Celebrarase nas instalacións da Casa da Cultura de Silleda, con 15 participantes. Os asistentes recibirán asi mesmo unha beca de asistencia por 13,45 euros /día. As inscricións poden realizarse ata 15 días antes de que comece o curso na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Para participar hai que ter entre 16 e 30 anos, estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e non estar ocupadas nin integradas no sistema de educación ou formación.

 

Todas as persoas interesadas poden informarse no departamento de Xuventude do Concello de Silleda, chamando ao 986 592037.

Durante este curso, cunha duración de 125 horarios, darase formación en aplicación móbiles para IOS e Android, abordando cuestións como recursos de deseño, inferface de usuario, arquitectura, desenvolvemento das apps, animacións, gráficos e multimedia, ou localización e sensores, entre outros.

Ademais deste módulo tamén se dará ás persoas participantes formación específica en materia de autoemprego ou creación de empresas.

Estas accións enmarcanse tamén nas accións de empregabilidade entre a poboación máis nova que se están a deseñar dende o  Concello de Silleda, con distintas iniciativas, tendo en conta a situación actual logo da crise da Covid 19.