Silleda, 5 de xuño de 2015. O Club Dezarco en colaboración coa Concellería de Deportes de Silleda celebrará en vindeiras datas varios torneos na modalidade de percorrido de bosque en 3D, que se disputarán no entorno do mosteiro de Carboeiro.
A primeira das probas será o vindeiro domingo día 14, coa celebración da 5ª Tirada da Liga Galega. Xa no mes de xullo, a Liga Cantábrica, con xogadores de Galicia e Asturias, estréase en Carboeiro o domingo 19.
E o domingo 26 de xullo, tamén no mesmo entorno terá lugar outra proba do campeonato galego.
En total está previsto que participen uns 100 arqueiros. Con esta proba deportiva, ademais de fomentar a práctica do tiro con arco, tamén se continua a promocionar o mosteiro de Carboeiro e o seu entorno.