Silleda, 30 de agosto de 2016. O departamento de Obras do Concello de Silleda, que dirixe Klaus Brey, vén de reanudar os traballos de bacheo nas pistas dos rural. Así, o equipo municipal iniciou o pasado luns os traballos en varios puntos da parroquia de Chapa. Nos vindeiros días desprazaranse ata outras localidades como Escuadro, Rellas ou Margaride.