Silleda, 11 de marzo de 2014. O Concello de Silleda, a través do departamento de Medio Rural e Servizos, que dirixe Klaus Brey, está a realizar estes días traballos en distintos puntos do municipio. Así, hoxe comezaron os traballos de bacheo nas pistas municipais da parroquia de Escuadro por onde discorreo a pasada fin de semana o Rali do Cocido (entre Paredes e Penadauga).
Así mesmo, outro grupo de operarios trasladouse ata a parroquia de Vilar, para realizar os traballos de colocación de tubos no cruce desta localidade. Unha vez rematadas estas tarefas de canalización, os traballos continuarán en Vilar coa limpeza de cunetas na zona próxima ao río, en colaboración cos veciños da localidade.
O concelleiro de Servizos, Klaus Brey, agradece a colaboración veciñal, que xa se vén repetindo noutros lugares do municipio, “e que axiliza moito a realización dos traballos”, engade.
Por outra banda, tamén quedaron listos os traballos de pintado dun novo paso de peóns na rúa María Colmeiro, xunto ao colexio María Inmaculada, tal e como se comprometerá o Concello, logo de arranxar a beirarrúa ampliando a zona de acceso ao centro educativo.
Klaus Brey advirte que nos vindeiros dous meses, de continuar as boas condicións meteorolóxicas, se realizará un esforzo no bacheo de viais municipais danados.
Viais do PID 2012
Por outra banda, tamén estes días se retomaron os traballos de asfaltado na pista de A Ponte (Taboada), e os do arranxo do vial de Sachocos (Negreiros), ambos incluidos no PID 2012.
Acondicionamento de via en Penadauga (Escuadro)
Traballos para a colocación de tubaxes no cruce da parroquia de Vilar