-A xornada abrirase ca carreira, que coordinará Xesta Natureza, no entorno do santuario saletino. As inscricións poden facerse na web da entidade e tamén no Concello ata o xoves 24.
Silleda, 5 de xuño de 2021. A Romaría do Rapaz voltará a Siador o vindeiro domingo día 27, nun formato distinto, con só dúas actividades.
A xornada contará cunha carreira de orientación pola mañá, dirixida por Xesta Natureza, e cun espectáculo de circo aéreo a cargo da compañí Desastronauts en horario de tarde.
En canto á carreira, está será a segunda vez –tralo éxito da cita de 2019-que se celebre unha proba deste tipo en Silleda. A proba discorrerá polo entorno de Siador, onde se atopan lugares emblemáticos como a sobreira –unha das ábores senlleiras de Galicia-, ou o pazo de Sestelo.
O alcalde, Manuel Cuiña, a concelleira de Cultura Mónica González, e Ricardo Figueroa, de Xesta Natureza, presentaron hoxe a proba desta Romaría do Rapaz, bautizada este ano como “cativa”, en alusión ao formato reducido de actividades.
“Contarán con dúas apostas, pero potentes, para atraer a un público familiar e manter vivo o espíritu desta cita única, logo da suspensión do pasado ano”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
En canto á carreira, está será a segunda vez –tralo éxito da cita de 2019-que se celebre unha proba deste tipo en Silleda. A proba discorrerá polo entorno de Siador, onde se atopan lugares emblemáticos como a sobreira –unha das ábores senlleiras de Galicia-, ou o pazo de Sestelo.
As inscricións para a proba , de balde para os participantes, poden facerse de xeito individual ou en grupo. O prazo está xa aberto e rematará o vindeiro xoves día 24.
As persoas ou familias interesadas poden inscribirse a través da web de Xesta Natureza ou ben no propio Concello, chamando ao teléfono 986 580000 (no departamento de Cultura).
A actividade consistirá en vistar no tempo establecido todas as balizas na orde en que se indicará no mapa. As inscricipons en grupo poderán contar con ata 4 participantes .
A proba comezará ás 11:00 horas e contará con 3 categorías: “xestiñas”, categoría para nenos e nenas, sinxela física e técnicamente (menos de 4 kms.); “xestas”, para adultos, con nivel físico e técnico medio (menos de 6 kilómetros en total) e “xesteiras”, para persoas con medios/altos coñecementos de orientación e cun nivel físico e técnico alto (máis de 6 kilómetros en total).
As saídas serán escalonadas no tempo, non saíndo en ningún momento máis de dúas persoas ou equipos no mesmo minuto, cuestión que tamén vén a garantizar as medidas de prevención a nivel sociosanitario.
A organización facilitará unha tarxeta electrónica para rexistrar o paso por cada unha das balizas e ao rematar a proba facilitarase ás persoas particiantes un avituallamento líquido.
Lémbrase que é obrigatorio en todo momento o uso da máscara, salvo no propio intre do desenvolvemento da actividade (dende a saída ata a chegada). A organización facilitará ademais xel hidroalcólico para quen o desexe.
“Trátase dunha proba totalmente segura”, explica Figueroa.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura e Deportes, Mónica González, anima á veciñanza á participar xa que é unha “actividade apta para calquera idade e condición física, ideal para realizar en familia, ou de xeito individual”.
Promoción nos centros educativos
Así mesmo, nos vindeiros días está previsto realizar nos centros educativos do municipio sesións informativas sobre as actividades de orentación, unhas probas que fomentan cuestións como a toma de decisións, e que na que traballan conceptos coma a capacidade de concentración, de observación ou a interpretación de mapas entre outros.
Do mesmo xeito, con esta proba o domingo 27 tamén se poñerá en valor os elementos patrimoniais e espazos naturais de Silleda, fomentando así mesmo o respeto polo medio ambiente.
Acrobacias con “Desastronauts”
Xa pola tarde, ás 19 horas, chegará ao anfiteatro de Siador o espectáculo “Máis alto ainda”, a cargo de Desastronauts, a máis espectacular compañía de aéreos de Galicia.
Desastronauts volven co seu exitoso dúo de acrobacias aéreas, humor e enredos de parella no aire con números de tan altísimo nivel como trapecio en voo
Raquel Veganzones e Girisho Gordon, ambos graduados na The Circus Space de Londres, son os protagonistas desta aposta para completar a xornada en Siador.