Silleda, 16 de agosto de 2017. Logo da celebración do campionato de canicas da S.D Bandeira e da proxección de cinema galego desta noite, a localidade da Bandeira vístese de festa coa empanada como grande protagonista.
Maña xoves 17 o programa festivo arranca co XVII Bandeirock, unha cita xa consolidada que volve a ter carácter solidario, coa recollida de alimentos non perecedeiros que se entregarán ao Banco de Alimentos do programa municipal Silleda Solidaria.
O festival comeza ás 22:00 horas na praza Camilo José Cela, coa participación de grupos que levarán distintos sonidos con espíritu rocheiro ata a vila. Así ademais rock alternativo dos ourensanos Acidproyect, que veñen de publicar este ano o seu traballo Baba Yaga, haberá versión de clásicos do rock dende os 50 ata hoxe da man de Lelli Kelly’s.
E dende o veciño municipio de Lalín chegan este ano outras dúas formacións: Los Vagos, a banda liderada por Román Gutierrez que continua coa súa exitosa xira logo do retorno do grupo, e Atmósfera 0, co ses temas de rock-pos, indie, country… Con estas variedades o Bandeirock volta un ano máis con carácter solidario, xa que se recollerán alimentos non perecedeiros para o programa municipal Silleda Solidaria.
Dende o Concello de Silleda agradécese unha vez máis a colaboración dos organizadores con este evento, que de novo contribue a axudar ás familias silledenses con menos recursos.
Promoción en Turismo Rías Baixas
O Bandeirock será o primeiro dos aperitivos da 42 Festa da Empanada, cun programa que continúa o venres co público infantil e o Esmorga Folk –que se está a promocionar tamén dende Turismo Rías Baixas xunto con outros festivais galegos-como protagonistas.