Silleda, 24 de novembro de 2014. O goberno local someterá o vindeiro xoves á aprobación do pleno 3 convenios urbanísticos con propietarios de Silleda e da Bandeira que se plasmarán no PXOM. Estes convenios serán presentados mañá na comisión informativa previa ao pleno que se celebrará na sala de xuntas do Concello ás 11.00 horas.
Os convenios refírense a terreos situados en A Gouxa (parcela onde se ubica Disiclín), en Silleda (na rúa I, onde están as actuais instalacións cedidas para o campo de golf) e na carballeira da Bandeira. No caso dos terreos de Silleda e da Bandeira pasarán a catalogarse no PXOM como Solo Urbanizable Delimitado Residencial, coas correspondentes cesións de espazos ao Concello de Silleda no momento no que se desenvolvan.
Na orde do día da comisión figura tamén a adquisición de unha parcela de 280 metros cadrados para a ampliación do campo de fútbol da Bandeira. Así mesmo na sesión tamén quedarán dictaminadas as mocións incluídas na orde do día do Pleno: a moción de Alcaldía solicitando adicar a Ramón de Valenzuela o Día das Letras Galegas, o informe sobre a proposta do CEIP da Bandeira para que o centro pase a levar o nome do citado escritor, e as mocións do BNG sobre tratado de comercio e investimento, apoio á comercialización de proximidade e a moción contra a violencia machista.