O goberno local nomea aos delegados e delegadas municipais nas 33 parroquias de Silleda

Silleda, 21 de xuño de 2014. O goberno local de Silleda vén de designar aos delegados municipales en todas as parroquias do termo municipal. “Por primeira vez en varios anos, o Concello conta coa figura dos delegados e delegadas en todas e cada unha das nosas parroquias”, destaca o alcalde, Manuel Cuíña, que asinou o decreto polo que se nomea aos/as 33 representantes.

Os delegados/as encargaranse de servir de enlace entre o goberno municipal e os veciños e veciñas de cada parroquia, á hora de atender as demandas e necesidades que poidan xurdir.

“Deste xeito, poderemos ter un nexo coas diferente localidades atendendo de forma coordinada a todas as peticións e necesidades”, engade o rexedor.

O nomeamento coordinouse dende o departamento de Participación Cidadá, que dirixe Pilar Peón. Está previsto que en vindeiras datas se estableza tamén un calendario de visitas para todas as parroquias, con reunións abertas a todos os veciños e veciñas contando coa presenza dos distintos delegados municipais. “Queremos que sexan estes 33 homes e mulleres os que canalicen todas as demandas e preocupacións dos seus veciños e estamos seguros que farán un bo traballo”, apunta Cuíña.

Logo dun fallido intento de elección dos chamados consellos parroquiais, que contaron con unha baixa participación, o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Silleda modificouse para ser máis funcional. Algúns dos delegados/as corresponden ás persoas elixidas naquel proceso de elección, nos casos nos que se superou o 20% de participación.

O calendario de reunións nas 33 parroquias quedará fixado, probablemente, despois do verán. “Dende o goberno consideramos clave contar con unha persoa en cada parroquia que canalice a atención que se precisa en cada caso”, engade Cuiña.O grupo celebrou onte venres a súa primeira xuntanza con membros do goberno local, nunha cea de traballo onde xa se comezaron a marcar a liñas a seguir nas parroquias.

O listado de delegados/as é o seguinte:

PARROQUIA

NOME E APELIDOS

ABADES

JOSÉ MANUEL FOLLA GONZÁLEZ

ANSEMIL

ANA MARÍA GUZMÁN SANTISO

MÁNDUAS

Mª DEL CARMEN CARAMÉS MACEIRA

BREIXA

ROSA  LOSADA ALCOBRE

CARBOEIRO

ENRIQUE CUIÑA FERNÁNDEZ

CERVAÑA

XOSÉ RAMÓN SAAVEDRA DIEGUEZ

CHAPA

MANUEL PENA FRAMIÑÁN

CIRA

JOSÉ LUIS LUGO BASCUAS

CORTEGADA

CARLOS FONDEVILA LÓPEZ

DORNELAS

FRANCISCO BEIS RECIMIL

ESCUADRO

MANUEL IGLESIAS PÉREZ 

FIESTRAS

ADOLFO DAPENA SÁNCHEZ

GRAVA

MANUEL ROZADOS VILLAR

LAMELA

ALFONSO GONZÁLEZ TEJO

LARO

JESÚS TABOADA LÁZARA

MARGARIDE

BENITO SAAVEDRA VÁZQUEZ

MARTIXE

ISABEL CASAL CREO

MOALDE

PEDRO GONZÁLEZ MOREIRA

NEGREIROS

TERESA  RODRIGUEZ VÁZQUEZ

O CASTRO

MANUEL PABLO PEREIRO SALGUEIRO

OLEIROS

JOSÉ ANTONIO ALAMANCOS ROZAS

PARADA

MARIA TERESA TABOADA DOBARRO

PAZOS

ANA ROSA CORNADO MOLINA

PIÑEIRO

JUAN MANUEL GONZÁLEZ MOLINA

PONTE

JOSÉ A. SANMARTÍN VÁZQUEZ)

REFOXOS

JOSÉ VALIÑAS GARCÍA

RELLAS

ANA LUISA GONZÁLEZ COSTA

SAIDRES

JOSÉ  VALLADARES FERNÁNDEZ

SIADOR

Mª CARMEN SÁNCHEZ FONTAO

SILLEDA

ROSENDO ESTÉVEZ LÓPEZ

TABOADA

Mª CARMEN BALDONEDO VILARIÑO

VILAR

JOSÉ  CARNERO CARDIGONDE

XESTOSO

VICTORINO MÍGUEZ SALGUEIRO