Silleda, 5 de xuño de 2017. O goberno municipal de Silleda comezou a traballar xa hoxe para cumprir co mandato dos cidadáns na consulta popular celebrada na xornada de onte domingo. O alcalde, Manuel Cuiña, sinala que o primeiro paso a dar será o encargo dun proxecto para o edificio onde se centralizarán os servizos municipais, na actual Casa da Cultura. Unha vez feito o proxecto comezaríase coas obras.
Respeto aos posibles prazos, Cuiña advirte que o traslado “non vai ser inmediato, xa que non apostamos por un proxecto para facer da noite para mañá, esto non é o cambio polo cambio senon unha aposta para mellorar sustancialmente a vida dos nosos veciños e veciñas”, advirte.
O rexedor, que advirte que cando se materialice o traslado “estarán perfectamente definidos os usos do actual consistorio”, sinala que hoxe “comeza unha nova páxina do proceso para cumprir co mandato que nos deron os cidadáns, igual que ao día seguinte das eleccións municipais nos puxemos a traballar para a celebración do referéndum”.
O alcalde considera que a celebración desta consulta popular “foi unha decisión acertada xa que sabíamos que había debate, e quixemos que os veciños opinaran.
Cuiña amosa a súa satisfacción polo desenvolvemento da consulta aínda que matiza “que nos houbera gustado que a participación fose maior”.
Neste senso advirte que “sabíamos de antemán que non iba a participar tanta xente como nuns comicios electorais. “Sempre dixen que máis aló do resultado me gustaría que houbese unha alta participación. Finalmente rozouse o 30% superando a de outras consultas populares celebradas en Galicia, aínda que esta foi a primeira oficial con autorización do Estado”, engade.
O resultado da consulta validarase no vindeiro pleno ordinario, que se celebrará o vindeiro mes de xullo.
Cuiña reitera o agradecemento “a todos os veciños e veciñas que participaron nesta xornada histórica na que todos e todas tivemos a oportunidade de decidir democráticamente”, engade.