Silleda, 10 de xaneiro de 2017. O goberno municipal de Silleda vén de convocar para o venres día 13 ás 09:30 horas a Mesa de Persoal do Concello. O órgano, cos representantes dos traballadores (Comité de Empresa) e das organizacións sindicais máis representativas convócase con carácter extraordinario para dar conta do proxecto dos orzamentos municipais de 2017, no que xa se está a traballar, abordando cuestións referidas ao capítulo de Personal.
Nesta xuntanza o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Persoal, Ana Luisa González Costa, expoñerán na xuntanza aos representantes dos traballadores municipales os aspectos máis relevantes das contas municipais e resolverán as posibles dúbidas.
Con esta reunión extraordinaria continúase avanzando na elaboración do Orzamento Municipal de 2017 que o executivo silledense agarda someter á aprobación inicial do Pleno da Corporación nas vindeiras semanas. “Trataremos de aprobar o orzamento o máis pronto posible”, indica o alcalde e responsable municipal de Facenda, lembrando que os do pasado ano se aprobaron en tempo récord, en novembro de 2015. A espera pola confirmación de partidas orzamentarias doutras Administracións foi un dos motivos polo que se dilatou este ano a aprobación das contas municipais de Silleda que se pretenden aprobar “no menor prazo de tempo posible”, reitera o alcalde.