Silleda, 10 de outubro de 2013. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o concelleiro de Medio Ambiente, Luis Rodríguez, mantiveron hoxe en Pontevedra un encontro co presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, no que abordaron distintas cuestións relacionadas co funcionamento da Administración Local.
Un dos asuntos que protagonizou a reunión foi o convenio do organismo provincial para a recollida de lixo. Neste senso, Cuíña avanza que dende o goberno municipal “estudiaremos seriamente a posibilidade de adherirnos ao Consorcio Provincial de Recollida de Lixo”. Pese a que nun primeiro momento se optou por valorar outras alternativas, a iniciativa da Deputación “parécenos que é moi interesante, logo de todas as melloras realizadas, e que podería responder ás necesidades que temos agora mesmo en Silleda para dar este servizo á cidadanía”, engade o rexedor lembrando a necesidade de regularizar o servizo no municipio.
Cuíña lembra que algunhas das claúsulas recollidas no convenio foron incluídas a petición do Concello de Silleda, cuestión que agradeceu persoalmente a Louzán.
Neste senso, o alcalde explica que o presidente da Deputación tamén se comprometeu a introducir outros cambios no convenio, como a posibilidade de abandono por parte dos Concellos no caso que non se cumpran as condicións establecidas.
Cuíña, que califica de “moi fructífera e cordial” a reunión en Pontevedra tamén amosa a súa satisfacción pola dispoñibilidade da Diputación á hora de colaborar con Silleda en cuestións puntuais do funcionamento diario, coma a dotación de colectores ou o abastecemento de aglomerado.
Do mesmo xeito, o presidente da Deputación amosou a súa total dispoñibilidade para acometer dous novos proxectos, plantexados dende o Concello. Trátase da mellora do vial Cira-Piñeiro, pertencente á rede provincial de estradadas e a do campo de fútbol da Bandeira. Neste último caso plantéxase a dotación de herba sintética no terreo de xogo, que está nestes momentos en terra.
Adxudicación de obras, en marcha
Durante o encontro tamén se falou do servizo de recollida de animais domésticos abandonados, ao que sumou o municipio e que está a funcionar de xeito satisfactorio.
O alcalde silledense tamén se interesou durante a reunión polas obras do Plan de Investimentos da Deputación (PID) do pasado ano que aínda seguen pendentes. Louzán informou que estas actuacións esán en proceso de adxudicación e que éste se revolverá nos vindeiros días.
Os proxectos presentados polo goberno municipal ao PID o pasado ano foron a mellora da praza da Feira da Bandeira, do parque infantil da Bandeira, o parque infantil da praza da Igrexa de Silleda, o aparcamento xunto á igrexa de Fiestras; o ascensor da Casa da Cultura de Silleda, e a mellora en varios camiños rurais.