Silleda, 6 de novembro de 2017. A corporación municipal de Silleda celebrarará este mércores día 8 un pleno extraordinario (10:00 horas) no que se someterá a debate a aprobación inicial da modificación do cadro de prezos vixente e a nova ordenanza fiscal reguladora da taxa por subministro/abastecemento de auga.
Tal e como xa se anunciara no seu día, cando o Concello de Silleda asumiu o servizo (logo de 20 anos de concesión a unha empresa privada) en xaneiro deste ano, realizouse un estudo de custes para establecer as novas tarifas.
Para a realización de dito estudo tiveronse en conta tanto o custe anual dos servizos, coma os ingresos previstos e o desglose de aboados. Segundo este traballo, levado a cabo dende o departamento municipal de Intervención o custe neto (sen contar IVE nin o canon de saneamento), situouse no ano 2016 en 481.750 euros.
“Esencialmente o que se fai coas novas tarifas é baixar o consumo mínimo trimestral e cobrarase polo servizo o que custa, incluso menos” explica o alcalde, Manuel Cuiña, sinalando que coas taxas previstas se prevé financiar o 95% do que custa o servizo.
Deste xeito, para adaptar as taxas á nova situación que se abriu coa municipalización do servizo, no caso do abastecemento o consumo mínimo pasa de 45 a 30 metros cúbicos por trimestre, no caso do aboados de servizo doméstico e comercial.
Manténse o mínimo para uso hostaleiro e industrial e redúcese tamén no caso das explotacións gandeiras, que tamén se iguala ao de uso industrial, quedando en 60 metros cúbicos (antes estaba en 75 metros) . “Tratamos de beneficiar ao maior número posible de usuarios con estas novas tarifas”, indica o alcalde. Cas novas tarifas veranse beneficiados cunha rebaixa máis de 2.000 usuarios do servizo, “a maior parte dos usuarios”.
Tamén se reduce o mínimo nas taxas por alcantarillado (concepto distinto á depuración), favorecendo tamén a máis de 2.000 usuarios.
De cara ao orzamento municipal de 2018 os gastos do servizo, que se reducen en algo máis de 67.000 euros, tamén se adaptarán á partida correspondente.
“Con esta iniciativa a maioría das familias silledenses pasarán a pagar, aproximadamente, unha terceira parte do que están abonando cada trimestre polo consumo de auga”, engade, “co que en Silleda pasaremos a ter un dos servizos de abastecemento de auga máis baratos da contorna”.
O alcalde e responsable municipal de Facenda explicou tamén que, á vista dos datos de facturación e das cantidades manexadas, “demostrase que a decisión deste goberno de conxelar as tarifas no ano 2007 foi acertada, porque do contrario os veciños e veciñas de Silleda estaríamos pagando ata agora entre 80.000 e 90.000 euros máis”, engade.
A partir do 1 de xaneiro os recibos pasaranse cada trimestre dende o organismo autónomo de recadación ORAL, a través do que se acordou xestionar o cobro do servizo.
Por outra banda, Cuiña, que se reunión o pasado mes de setembro con representantes de distintos colectivos, advirte que ao longo de 2018 se fará un seguimento das tarifas e no caso de que se detecten variacións ou outras posibles vantaxes a taxa volvería a revisarse.