Silleda, 31 de marzo de 2020. O goberno municipal de Silleda, con ánimo de manter informados aos grupos municipais e compartir propostas, vén de crear un espazo de comunicación durante a crise do COVID 19 e o consecuente Estado de Alarma. Hoxe mesmo, dende a Alcaldía creouse un expediente na platarma Gestiona ao que están asignados os 13 membros da Corporación a través do que se canalizarán as información e propostas que poidan xurdir.
Dende o executivo local xa se incorporou ao expediente un amplo informe con todas as medidas adoptadas nas últimas semanas e no que se da resposta tamén ás propostas formuladas polo grupo do Partido Popular.
“Dadas as circunstancias, pareceunos oportuno crear este espazo aproveitando a plataforma que usamos no Concello no traballo diario”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Este primeiro documento emitido polo executivo local crease “a modo de primeira reunión informativa para dar conta das accións levadas a cabo, ato tempo que tamén se resposta ás propostas do grupo municipal do Partido Popular, que se agradecen dende o goberno municipal, se ben na súa práctica totalidade están xa en marcha”, engade.
O informe, para unha maior operatividade establécese por áreas de actuación, destacando as medidas adoptadas en materia de benestar social o unas tarefas de limpeza e desinfección, entre outras
Mentres, o servizo de recollida de lixo continúa co lavado de desinfección de todos os colectores instalados no termo municipal. As tarefas continuaron hoxe na zona sur do municipio, en Laro e nas parroquias do seu entorno.
Atención psicolóxica
Noutra orden de cousas, dende o Departamento de Benestar Social tamén se indica que todas as persoas que precisen atención psicolóxica poden poñerse en contacto co departamento a través do 986 592037. Dende alí, e previo aviso, se porá en contacto ás persoas que o demanden vía teléfónica ca psicóloga do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Silleda, dende onde xa se está a facer esta labor de atención que agora se reforza.