O edificio románico aplicará xa o horario de outono, abrindo as súas portas de martes a domingo
Manterase ata o vindeiro 26 de outubro, cando entrará en vigor o horario de inverno
O mosteiro de Carboeiro modifica a partir da vindeira semana o seu horario de apertura ao público, comezando co horario de outono, ao reducirse as horas de luz natural.
O horario de visita ao mosteiro románico -que continuará ata finais de outubro- será de 11:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas, de martes a domingo. Os luns, como vén sendo habitual, as dependencias monacais estarán pechadas (o vindeiro día 30 xa non abrirá).
Carboeiro, que segue a ser un dos lugares máis visitados da comarca, volverá a aplicar o horario de inverno a partir do domingo 27 de outubro, data que coincide co cambio horario.