-A medida, dende o luns 26 ao 6 de novembro, agás sábado e domingo (31 e 1 de novembro estará aberto), adóptase para garantir a seguridade das persoas que se achegan ata o monumento e o seu entorno
Silleda, 20 de outubro de 2020. O mosteiro de Carboeiro permanecerá pechado ao público a partir da vindeira semana durante varias xornadas por mor dos traballos forestais que se están a realizar no entorno do vial provincial que da acceso a este monumento e ao seu entorno.
Os traballos xa se están a executar dende hai varios días, motivo polo que o acceso ao mosteiro se viu interrumpido de xeito puntual durante as tarefas de tala que está levando a cabo unha empresa madeireira.
Así, e ante a intensificación dos traballos e a fin de garantir sobre todo a seguridade viaria neste tramo (EP-6505), o Concello de Silleda acordou pechar o acceso ao mosteiro dende o vindeiro luns día 26 e ata o 6 de novembro (ambos incluidos), agás na xornada de fin de semana.
Durante estas dúas próximas semanas o mosteiro só abrirá nas xornadas de sábado e domingo, os días 31 de outubro e 1 de novembro. A partir do sábado 7 de novembro retómase a apertura habitual.
Así mesmo, e xa a partir do 31 de outubro, aplicarase xa o horario de inverno: de 11:00 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.