O mosteiro de Carboeiro terá entrada libre o xoves 25 de xullo, Día de Galicia

Abrirá de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas

Como cada ano, e para celebrar o Día Nacional de Galicia, este xoves  25 de xullo o Concello de Silleda fará unha xornada de portas abertas no mosteiro de Carboeiro, que terá entrada libre durante toda a xornada.

O 25 de xullo é un dos tres días do ano nos que o mosteiro ten acceso gratuíto. Tampouco hai que pagar para visitalo o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e o 10 de agosto, Día de San Lourenzo, a quen está adicado o cenobio.

O mosteiro de Carboeiro é un dos lugares máis visitados da comarca do Trasdeza, ao unirse ao seu interese histórico e monumental a súa localización nunha paraxe natural de gran fermosura. No verán está aberto de luns a domingo de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.