Silleda, 22 de marzo de 2016. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, mantivo hoxe un encontro con Antonio Rodríguez, Juan Ramón Abeledo, e Mateo Varela, presidente e membros de directiva da Escudería Lalín Deza, de cara a preparar o percorrido do Rali do Cocido polo municipio.
Así, o certame automobilístico, que terá lugar os días 22 e 23 de abril, volverá a pasar por terras silledenses, cun tramo que as percorrerá dende a súa saída na carretera de Fontao, pasando por Carboeiriño, Carboeiro de Francia, e chegando a Breixa, onde se situará a meta. Faranse dúas pasadas por este percorrido na tarde do sábado 23.
Dende o goberno municipal, o alcalde amosoulles o apoio do Concello á iniciativa e felicitounos polo éxito acadado na última edición.